"A legalización do traballo escravo tomou corpo en outono de 1938, coa
posta en marcha do chamado sistema de Redención de Penas polo Traballo,
unha iniciativa que se concretaría en diversas modalidades de traballos
forzados. Sinaláronse na Galiza tres figuras: os Batallóns
Disciplinarios de Traballadores, a explotación de man de obra procedente
dos destacamentos penais e mais os chamados destinos.
Son moitas as incógnitas que fican por resolver sobre o traballo
escravo na Galiza de Franco. Descoñecemos o número exacto da poboación
reclusa empregada nestas tarefas, carecemos dunha información precisa
sobre os lugares do noso país onde se desenvolveron estes traballos,
faltan dados sobre as empresas e particulares que se beneficiaron desta
modalidade de explotación laboral e non existen estudos sobre o impacto
da mesma na economía galega e na conta de resultados das súas empresas.
Porén, a documentación coa que contamos, permite certificar que estamos
diante dun xigantesco entramado de explotación de man de obra gratuíta,
coa intención, non só, de librar o Estado da carga económica de manter a
poboación reclusa ou de utilizar a forza de traballo como método de
castigo, senón de xerar un beneficio material para o réxime, aliviando a
delicada situación das arcas públicas e beneficiando aqueles grupos
oligárquicos do franquismo.
A legalización do traballo escravo tomou corpo en outono de 1938 coa
posta en marcha do chamado sistema de Redención de Penas polo Traballo,
unha iniciativa que se concretaría en diversas modalidades de traballos
forzados. Sinaláronse na Galiza os Batallóns Disciplinarios de
Traballadores, ou simplemente Batallóns de Traballo, a explotación de
man de obra procedente dos destacamentos penais ou os destinos.
Os
primeiros, formados por aqueles presos clasificados previamente como
“desafectos”, cuxa forza de traballo era cedida ou alugada a empresas
privadas ou particulares, actuando o Estado como simple subministrador.
Aos segundos, compostos por un número máis ou menos grande de
presidiarios, contratados por entidades públicas, relixiosas e máis
frecuentemente privadas, ocupáronos fundamentalmente no sector da obra
civil e da minaría. Os terceiros recibían ese nome das tarefas non
remuneradas que realizaban dentro dos propios cárceres.
A actividade mineira beneficiarase do traballo escravo, destacando os
enclaves de Casaio en Valdeorras e Fontao en Silleda, cuxa produción
viuse promovida e favorecida polo desenvolvemento da II Guerra Mundial. O
9 de setembro de 1942 arranca a súa andadura o Destacamento Penal de
Minas de Casaio, vinculado á empresa Montes de Galiza S.A, unha
mercantil de capital alemán, baixo a dirección do enxeñeiro Georg Burg,
dedicada á extracción do volframio, un mineral fundamental para a
blindaxe das equipas de guerra." (Cilia Torna, Sermos Galiza, 10/05/18)
No hay comentarios:
Publicar un comentario