30/3/09

Memoria histórica en Galicia

"Cre que o labor dos intelectuais marxistas en Galiza queda esvaída polo propio labor de recuperación que se fai, máis centrado nas figuras do galeguismo?

(Xesús Alonso Montero) Si, é o que se está facendo dende as institucións que goberna o BNG. Aquí séguese dicindo que o gran mártir do 36 é Alexandre Bóveda. Sería eu un necio se lle quitase importancia, pero Bóveda é un de tantos fusilados que houbo. Houbo máis fusilados anarquistas, comunistas e socialistas ca galeguistas. Pero vendo as publicacións que fixo a Consellaría de Cultura ou da Universidade parece que aquí non houbo máis ca nacionalistas galegos." (Vieiros, 29/03/2009)

No hay comentarios: