14/4/08

Las "dos marías" a las dos en punto, en Santiago de Compostela, resistiendo...


“Salían cada día a pasear por las mismas calles de Santiago, siempre a las dos en punto, arregladas con una ropa y un maquillaje tan colorido como extravagante. Todavía hay mucha gente en la ciudad que recuerda a las inseparables hermanas Coralia y Maruxa, más conocidas como Las Marías, dos emblemáticos personajes de Compostela a los que las nuevas generaciones sólo conocen por la estatua que les rinde homenaje en la entrada del parque de la Alameda.
 
Pero bajo esa fama de locura que les precede hasta hoy, escondían un drama personal que no todos conocen, con la Guerra Civil como telón de fondo. Así lo recoge el documental Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño, de Xosé Rivadulla Corcón, para cuya elaboración ha contado con testimonios de personas como Encarna Otero, Xosé Luis Bernal o Dionisio Pereira.

Nacieron en una familia obrera de 11 hermanos, tres de ellos destacados miembros de la CNT. El documental relata cómo tras el estallido de la Guerra Civil, asesinan a uno de ellos mientras que los otros dos consiguen huir. La pesadilla para las hermanas comenzó cuando los falangistas trataron de utilizar a la familia para averiguar su paradero. 

A horas intempestivas de la noche, llegaban a la casa de los Fandiño, registraban y desbarataban la vivienda, desnudaban en la vía pública a las hermanas para humillarlas y las subían al monte Pedroso de Santiago. "No está demostrado, pero hay gente que afirma que las llegaron a torturar e incluso a violar", explica Rivadulla.

Con poco más 20 años y sin haberse metido con nadie, la vida de Las Marías se convierte en un mal sueño que se prolongará desde el inicio de la guerra hasta mediados de los años 40. Rivadulla señala que esos malos tratos continuados fueron la causa de la locura que ambas sufrieron, porque "antes no eran así". Finalmente los hermanos huidos fueron arrestados y cesó la presión sobre las Fandiño.

Aun así, su situación económica era muy precaria. Las hermanas dejaron de trabajar como costureras, oficio que venían desempeñando junto a su madre, porque los clientes dejaron de llevarles ropa "por ser una familia anarquista, por miedo a significarse". Vivían en parte gracias a la caridad de los vecinos.

 No les ayudaban de forma directa, porque quienes las conocían sabían que no aceptarían una limosna, sino que les dejaban de forma anónima pequeñas cantidades de dinero en distintos comercios, en los que después ellas compraban. 

La solidaridad de los vecinos se puso a prueba a principios de los 60, cuando un temporal tiró abajo el tejado de la casa de las Fandiño. Enseguida se organizó una gran colecta entre los vecinos de Santiago y se llegaron a juntar 250.000 pesetas. "Es espectacular", dice Rivadulla, "porque en la época eso es lo que costaba un piso".

Manifestaron su locura mostrándose rebeldes contra la sociedad", afirma el autor. Las Marías nunca pasaron desapercibidas, no sólo por su llamativa vestimenta y sus rostros maquillados con polvos de arroz, sino por su actitud. "Ellas piropeaban a los hombres algo que, por supuesto, no se le ocurría a ninguna otra mujer. 

Siempre manifestaban que todos los hombres se enamoraban de ellas y flirteaban con los estudiantes". En contra de lo que pueda parecer, eran muy diferentes: Coralia, la menor y más alta, era tímida y poco habladora, mientras que Maruxa, más pequeña aunque de más edad, era la que llevaba la voz cantante.

La opinión del autor del documental es que las hermanas desempeñaron, posiblemente sin saberlo, una papel fundamental en esa época de represión. "Mucha gente que se sentía ahogada por el régimen y que no se rebelaba por temor a represalias, veían en Las Marías ese grito de libertad". 

Cuando en 1980 falleció Maruxa, Coralia se fue a vivir con otra hermana a A Coruña, ciudad a la que nunca se adaptó. Murió tres años más tarde después de preguntar muchas veces cuál era el camino para volver a Santiago.” (La verdad de 'Las Marías'. El País, ed. Galicia, Galicia, 17/04/2008)


Escultura en la Ferradura de Santiago de Compostela en memoria de "las dos marías"


"A xornalista Áurea Sánchez está a piques que publicar Las Marías de Santiago (libros.com), obra que percorre a vida de María e Coralia Fandiño Ricart. Necesitaba o apoio de 100 mecenas para garantir a edición do libro e cando a campaña de crowdfunding aínda non rematou, a iniciativa superou xa os 130 apoios. Ofrecémosvos un adianto da obra, o capítulo "Os irmáns sindicalistas", que analiza a actividade política da familia Fandiño Ricart e a persecución que por ese motivo sufriron, tanto os varóns, coma as dúas irmás.
Ata que faleceron María e Coralia, en 1980 e 1983, respectivamente, non se sabía quen eran “as Marías”. A xente de Santiago coñecíaas polos alcumes que lles puñan os paseantes, pero descoñecíanse as súas identidades e ignorábase todo o que lles podía concernir.

Cando faleceron, ambas as mortes foron rexistradas na prensa local. Tanto La Voz de Galicia nas súas páxinas de Santiago, como o diario local El Correo Gallego, dedicaron espazo para rememoralas cos seus nomes e apelidos.

No mundo sindical e obreiro da cidade sabíase que a familia á que pertencían era a de Manuel, Alfonso e Antonio, republicanos e líderes do movemento anarquista en Galicia. 

Manuel, con 18 anos, xa pertencía ao grupo anarquista Armonía y Libertad e defendía a capacidade reivindicativa e de autonomía da clase obreira. O maior dos homes da familia atopouse por primeira vez co tamén líder sindical anarquista catalán, Ángel Pestaña, no Congreso Internacional da Paz que se celebrou en Ferrol en 1915. O coñecemento mutuo estreitaríase anos máis tarde e a relación entre os dous prolongouse durante anos de colaboración.

Manuel foi o terceiro por orde de nacementos Fandiño Ricart. Tiña dous anos máis que a súa irmá María. O seu oficio foi o de pintor de santos, igual que Alfonso. Pero, ademais, Manuel foi con José Pasín quen liderou en Santiago a folga xeral de seis días do ano 1917. Con este conflito viuse obrigado a deixar a alcaldía compostelá o liberal Blanco Rivero. 

Máis tarde, coa ditadura de Primo de Rivera, a Confederación Nacional do Traballo (CNT) traslada a Santiago desde A Coruña a súa Confederación Rexional Galaica (CRG) para protexela da presión política á que estaba sometida na cidade herculina, e é Manuel Fandiño quen se fai cargo do sindicato rexional na clandestinidade.

Manuel casou moi pronto con Celia Pampín Ferreiro e a parella tivo cinco fillos homes. O primeiro deles, José, xa foi alistado obrigatoriamente no ano 1936. Así, en contra das ideas do seu pai, tivo que aliñarse e acudir á fronte da Guerra Civil no bando dos nacionais contrarios á República. 

 O seu irmán Manuel Fandiño Pampín, que nos pode dar o testemuño, di que José  regresou nunha ocasión ferido nunha perna e que por esa razón estivo ingresado no daquela hospital militar de San Caetano, hoxe sede dos servizos centrais da Xunta de Galicia.

Nesta situación contraditoria viuse envolvido o anarquista Manuel Fandiño Ricart, que permanecía escondido na súa casa da Rúa Carricova mentres o seu fillo maior loitaba na fronte co exército que comandaba o xeneral ferrolán Francisco Franco Bahamonde.

Durante os anos trinta Manuel foi secretario da Federación Rexional de Industria Pesqueira en Vigo ata o ano 1935, e o último ano antes de que estalase a Guerra Civil pasouno en Marín. Unha vez que comezou a guerra refuxiouse no seu domicilio en Santiago. Alí estivo escondido máis de dez anos, dirixindo o sindicato na clandestinidade. 

Durante ano e medio, e desde o seu lugar de refuxio, exerceu mesmo como secretario da Confederación Rexional Galaica da CNT, ata que na primavera de 1947 a policía leva a cabo unha redada en varias cidades de Galicia e detén algúns dos seus compañeiros, entre eles o seu irmán Antonio. Manuel logra zafarse nesa redada e pasa un ano máis fuxido, pero detéñeno, finalmente, no seu lugar de agocho compostelán. O seu fillo Manuel Fandiño Pampín di lembrar o día e lamenta estar ausente na Estila con outros nenos buscando mazás nos hortos.

 Tiña 11 anos cando o seu pai foi apresado polos axentes que o vixiaban desde había tempo. A detención ocorre cando o pai sae da casa para recoller auga na fonte. Desde ese momento o irmán de María e Coralia pasará cinco anos na prisión de Santoña (Santander) onde coincide co seu irmán Antonio.

Estando en Marín, é de supor que Manuel se decataría da morte da súa irmá Sara aos 24 anos, feito ocorrido en febreiro de 1936. Ao estar tan significado politicamente desde un principio da contenda, refuxiouse moi pronto e deixou pasar o tempo escondido. Neses primeiros anos é informado do fusilamento de dous dos fillos do seu compañeiro e líder sindical José Pasín, Marcelino e Modesto. Eles foron executados no paredón do cemiterio compostelán de Boisaca xunto a outros significados republicanos.

A Manuel Fandiño diríanlle as persoas que tiñan acceso ao seu lugar de refuxio que un total de 132 republicanos foron executados neste cemiterio como actos de represión durante e despois da Guerra Civil. 

O pai de Modesto e Marcelino, José Pasín Romeu, estaba na mesma situación de perigo que Manuel Fandiño, por iso tivo que fuxir do seu domicilio para salvar a vida. Desta forma pasou no monte catro anos escondido. Cando fixo un intento de aproximarse ao seu domicilio no barrio de Santa Marta, foron as mulleres reunidas en manifestación as que conseguiron evitar a súa detención (e quizais un inmediato fusilamento). 

Evitárono abalanzándose sobre el e protexéndoo dos axentes da Garda Civil que saíron ao seu encontro coa intención de levalo detido. Tras ser liberado da prisión, -como nos conta o seu neto Luís Pasín Liñares- tivo que presentarse na comisaría de policía cada día e máis tarde rendeu contas da súa localización presentándose unha vez á semana. Era unha forma de telo controlado, e igual presión exercíase sobre a súa muller e as súas fillas.

De igual modo ocorría na casa da familia Fandiño Ricart, tanto na da familia de Manuel, na Rúa Carricova, como na dos seus pais, na Rúa Espírito Santo, onde vivían María e Coralia. Ao non ser atopado nas numerosas visitas que efectuaban os axentes da policía, interrogaban os membros da familia que estaban presentes.

 É nesta serie de rexistros nos que nalgunhas ocasións as propias irmás María e Coralia viviron un simulacro de “paseo” no monte Pedroso, segundo se conta no libro As Marías, editado polo Consorcio de Santiago, e citado anteriormente. 

É tamén neste libro e no documental Coralia e María, as irmáns Fandiño, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, onde se apunta á hipotética violación que puideron sufrir, pois na memoria popular quedou o recordo de velas co pelo cortado á maneira de como as presas foron afeitadas nos cárceres ou cando eran detidas e interrogadas, co fin de deixalas marcadas. 

 Eran signos externos que deixaba tras si o réxime político do momento co fin de significalas como represaliadas. En moitas ocasións a violación das detidas ía incluída entre as demais humillacións ás que as sometían.

Como di Dionisio Pereira, quen estudou o anarcosindicalismo en Galicia, as irmás de Manuel, Alfonso e Antonio Fandiño padeceron represalias da mesma maneira que outras mulleres que tiveron xestos de colaboración solidaria cos seus parentes sindicais. As humillacións contra os familiares convertíanse en especialmente duras se tiñan xa amigos ou parentes asasinados.

Amparo Fandiño Castro confírmanos escoitarlle dicir á súa tía-avoa Magdalena Fandiño Ricart que María e Coralia foron rapadas en plena Rúa Espírito Santo nun dos rexistros policiais en busca de Manuel, Antonio e Alfonso. Nesa mesma ocasión, ou noutras, obrigáronas a tomar aceite de rícino para provocarlles dores estomacais e diarrea, e que outras veces foron “paseadas” polo monte Pedroso en sinal de represalia por non colaborar coa “brigadilla política de Madrid”, tal como denominaba a familia aos axentes desprazados a Santiago con ordes estritas de localizar os irmáns Fandiño Ricart.

Veciños da Rúa do Medio afirman que José Pasín estivo escondido nunha casa moi preto onde se refuxiaba Manuel Fandiño coa súa muller e os seus fillos na Rúa Carricova. Á marxe desta coincidencia ou non, cando faleceu Pasín en 1960, é Manuel Fandiño uno dos que porta o féretro ata o cemiterio. O irmán de María e Coralia viviría en Santiago ata o seu falecemento en xaneiro de 1981 aos 85 anos. A súa morte ocorreu entre as das dúas irmás coñecidas como “as Marías”, María e Coralia.  

O oficio de Manuel Fandiño foi o de pintor de santos, pero como líder obreiro viviu etapas liberado polo sindicato anarquista CNT. Alfonso era o mediano do tres irmáns. Seis anos máis novo que Manuel, foi pintor de santos como el e, como os seus irmáns, militante anarcosindicalista desde moi novo. En 1936 Alfonso era o secretario local en Santiago dunha federación da CNT. Xunto con José Pasín Romeu e Isaac Díaz Pardo, encargouse de recrutar a grupos de persoas e conseguir apoios nos concellos próximos a favor da República. 

Tal como el mesmo lle conta ao historiador Carlos Fernández, cando fracasou a resistencia á guerra, embarcou en Muros con rumbo a Francia. Máis tarde regresaría a Asturias para formar a Agrupación Confederal Galaica. Tras este logro tomaría parte na Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios en Valencia. Despois de finalizar a guerra exiliouse en Francia.

Sobre o seu regreso a España e a súa instalación na Coruña, non se sabe con certeza en que ano ocorreu. O seu sobriño Manuel Fandiño Pampín afirma que viviu con el na cidade herculina antes de ir ao servizo militar obrigatorio de dous anos, que lle correspondía no ano 1953. Manuel traballou durante uns anos con Alfonso pintando santos e retablos. Un dos traballos que realizaron por esa época tío e sobriño foi a reconstrución do retablo da igrexa de Santa María do Cereo en Coristanco (A Coruña).

Segundo contan os estudos do anarcosindicalismo en Galicia, durante a Transición de España á democracia nos anos setenta, Alfonso defendeu a CNT e militou no anarquismo sindical ata o final dos seus días. 

Dos tres irmáns líderes sindicais, só Alfonso permanecía vivo no momento que faleceron as dúas irmás coñecidas como “as Marías”. Manuel marchou entre un e outro enterro de María e Coralia, e foi Alfonso o encargado de reclamar respecto para as dúas mulleres cando nun dos diarios se referiron a Coralia de forma humorística e pouco respectuosa, ao recoller a noticia do seu falecemento en 1983. 

 Conta o xornalista Xosé Ramón Pousa respecto diso que na delegación en Santiago de La Voz de Galicia recibiuse unha chamada de Alfonso Fandiño Ricart para queixarse da forma que estaba tratada a noticia da morte de Coralia e que días máis tarde viaxou no autobús da empresa Castromil desde A Coruña ata Compostela para pedir que se publicase unha rectificación da devandita noticia.

As crónicas compostelás que relatan a vida das dúas mulleres e que teñen autores como Raimundo García “Borobó” no libro As Marías, recollen feitos referidos aos seus irmáns como este que describe o xornalista, segundo o cal cando o catalán Jordi Grau chega a Santiago como estudante de Farmacia cunha carta de Ángel Pestaña para o militante da CNT chamado Manuel Fandiño Ricart, un camareiro do Café Español pono na pista do seu paradoiro e sinálalle o camiño para chegar á casa familiar polo traxecto que cada día debuxan as irmás no seu paseo diario desde a Rúa Espírito Santo cara á Algalia, Praza de Cervantes, Orfas, Praza do Toural e Alameda.

 E son as propias irmás, María e Coralia, -segundo Borobó- quen lle advirten ao mozo universitario que non foi o suficientemente prudente ao dirixirlles a palabra nun lugar público, pois seguramente os seus pasos están a ser vixiados a partir dese momento, como temen están os delas mesmas tamén.

Antonio era oito anos máis novo que Alfonso e catorce que Manuel. Nacido no ano 1911, foi tipógrafo e militante anarcosindicalista. En 1946 formou parte da Confederación Rexional Galaica (CRG) da CNT, articulada en Compostela de forma clandestina e da que era dirixente o seu irmán Manuel. Pasou varios anos ingresado no penal de El Dueso (Santander) e máis tarde na Parda (Pontevedra). Foi posto en liberdade pouco antes da súa morte. 

Os expertos na historia do sindicalismo atribúen o seu falecemento en 1950 aos malos tratos recibidos durante o tempo que estivo preso. O seu irmán Manuel seguía interno en Santoña cando Antonio faleceu. 

O máis novo dos tres homes sindicalistas exercía tamén de tesoureiro da Confederación Rexional Galaica da CNT nos anos 1946 e 1947, cando o seu irmán Manuel fíxose cargo da devandita organización na clandestinidade desde o seu refuxio na Rúa Carricova de Santiago. Antonio era o encargado de supervisar a vida do sindicato e axudaba a Manuel na dirección dos grupos de resistencia ao réxime de Franco. La Voz de Galicia dá conta no ano 1949 da detención dos integrantes da Confederación Rexional Galaica da CNT. Con todo, a morte de Antonio, pouco despois de ser posto en liberdade no cárcere pontevedrés da Parda, non foi noticia nos diarios da época.
 
As humillacións ás irmás María e Coralia cobraron máis forza cando nos anos corenta se reorganizou a Confederación Rexional Galaica da CNT na clandestinidade. As reunións tiñan lugar en tabernas de Santiago ou no lugar de agocho de Manuel Fandiño.

 Nesas circunstancias elixírono secretario da Confederación Rexional Galaica en substitución do coruñés Félix Álvarez Arganzúa, pero na primavera de 1947, aínda que logra fuxir dunha redada masiva en varias localidades de Galicia, detéñeno finalmente en Santiago. Procésano e pasa na prisión cántabra de El Dueso (Santoña) cinco anos.
 
Polos datos que se achegan nas citadas crónicas referidas a “as Marías” e polos estudos do sindicalismo de Dionisio Pereira, deducimos que as irmás Fandiño comezan a saír á rúa de paseo sen recato de ningún tipo a partir das detencións de finais dos anos corenta nas que caen presos Antonio e Manuel. Coa morte de Antonio no ano 1950, as dúas mulleres deixan de ter medo e atrévense cada vez máis a desafiar á sociedade compostelá. Estaban tamén desafiando ao réxime? Posiblemente."                    (Praza Pública, 07/03/17)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

He quedado impactada por esta historia, loca, violenta, cierta y poética. Hace tiempo que sigo tus blogs, son verdaderamente interesantes. Encontrar verdades, inteligencia y lucidez no es tan fácil en la red. Enhorabuena de queridanónima.

Berta Martín Delaparte dijo...

el pasado septiembre estuve de visita en Santiago de Compostela...Ya desde el primer día me enamoré de su encanto...
Paseando por la calle me topé con un comercio en el que afuera había unas figuras de cartón piedra que me llamaron muchísimo la atención. Claro está que me hice una fotografía con ambas figuras...
Dos días más tarde visitando un museo en Santiago de Compostela, ví información referente a estas dos mujeres....Las dos Marías....Una historia real, con todos los ingredientes de crudeza, dolor, supervivencia...
Gracias por tu entrada de blog...
Un saludo