2/3/11

El patrimonio secreto de los Franco en The Telegraph

(traductor gallego-español)

"O prestixioso diario británico The Telegraph publica na súa edición deste martes un artigo sobre os privilexios da familia Franco e o segredo que os envolve.

O xornal do Reino Unido calcula que os herdeiros do ditador conservan no seu poder un patrimonio espoliado valorado entre os 288 e os 479 millóns de euros.

Ademais, asegura que a familia do dictador segue "beneficiándose" dos bens que o Estado lle expropiou aos derrotados na Guerra Civil.

GC reproduce o artigo integramente:

"Trinta e cinco anos logo da morte do ditador Francisco Franco, en España continúan loitando para que a súa familia devolva os bens ao Estado.

A cuestión de que facer coa familia do ditador logo da caída do réxime é aínda un asunto delicado en España, onde os herdeiros do xeneral Franco gozan de privilexios e riquezas a pesar da transición democrática tras a súa morte en 1975.

O goberno galego leva loitando varios anos para desaloxar á familia Franco do Pazo de Meirás, un enorme pazo de campo "doado" ao xeneral ao termo da Guerra Civil (1936-39).

Tras a morte do ditador en novembro de 1975, a edificación de finais do século XIX pasou aos seus herdeiros e aínda funciona como casa estival para a súa filla e netos.

Lea co Goberno galego

Con todo, o goberno galego está decidido a recoñecer o pazo como lugar de "valor histórico e cultural" e abrilo ao público. A familia situouse en contra desta proposta e o asunto estase resolvendo nos tribunais.

A disputa acendeu un debate nacional sobre se aos descendentes de Franco – a quen se responsabiliza polas mortes de 300.000 persoas durante a guerra civil e a subseguinte ditadura – se lles debería permitir continuar gozando os "botíns" do seu réxime.

O patrimonio da familia

Calcúlase que os bens da familia teñen un valor de entre 288 e 479 millóns de euros, con todo, non existe un rexistro oficial.

As reivindicacións para que os Franco devolvan outras propiedades "entregadas" ao ditador son habituais, entre as que destacan un pazo nos arredores de Madrid de 2.000 metros cadrados e o pazo de Cornilde, do século XVIII, en Coruña.

Mentres tanto, os herdeiros de Franco continúan beneficiándose da construción en terreos que foron, no seu tempo, confiscados polo ditador fascista.

"Pacto de silencio"

Tras a morte de Franco, o goberno de transición optou por promocionar a política do perdón en lugar de estimular o antagonismo que podería sepultar unha democracia en cernes. Deste xeito, instalouse un "pacto de silencio" para evitar as recriminacións sobre o que sucedera no pasado.

Así, houbo que esperar até o 2007 para que unha iniciativa de José Luís Rodríguez Zapatero, presidente socialista e neto dun republicano executado polos soldados de Franco, suspendese o financiamento da Fundación Franco, xestionada por Carmen Franco Polo, a filla de 83 anos do ditador." (Galicia Confidencial, 01/03/2011)

No hay comentarios: