31/1/17

Amada García, fusilada poco después de haber dado a luz, simbolizó un año más la represión franquista en Ferrol... das 86 mulleres que se cargaron en Galiza do 36 ao 39, 27 foi na área de Ferrolterra

 "Bernardo Máiz vén de presentar nun acto multitudinario en Ferrol Amada García e os seus arredores (Edicións Embora), o libro de 460 páxinas que conta a historia dunha muller comunista que chegou a converterse nun mito (de pobre muller para uns e de heroína para outros) logo de ser condenada a morte pouco despois de dar a luz un neno.

- Amada García é o fío condutor do libro que vés de publicar. Por que a elixes a ela? Porque é a vítima máis simbólica da represión en Ferrolterra?
 
- Non, porque é a vítima máis simbólica da represión contra as mulleres.

- E esa é a razón pola que te pós a investigar sobre a súa figura?
 
- Hai máis razóns, de moitos tipos. En primeiro lugar eu crieime ouvindo a historia da García, “pobriña ella, que sólo bordó una bandera”, e intrigoume. Logo, como historiador, empecei a escarabellar, ata que me din de conta que era unha historia moito máis complexa do que se dicía e que había que escribila, claro.

- Tamén dis que había moito de ficción nesta historia e que no libro vas só aos datos. 
 
- A historia é moi complexa. Ferrolterra é un territorio moi ligado á esquerda historicamente. Os únicos alcaldes do PCE -o máis radical naquel momento- que había en Galiza eran o de Pontevedra e o de Mugardos. Isto é moi significativo, ao igual que das 86 mulleres que se cargaron en Galiza do 36 ao 39, 27 foi na área de Ferrolterra. E a filiación sindical feminina era máis elevada nesta comarca que no resto do país.

 O título do libro é ‘Amada García e os seus arredores’ precisamente porque non é unha heroína illada ou unha vítima illada, ela forma parte dun contexto histórico. Hai un capítulo que se titula ‘Do mito á realidade’. De Amadita a Amada. Amadita é a pobre muller que nada se fixera e que, a pesar de todo, a mataron. Aínda estes días me contaron dúas veciñas que de pequenas lle rezaban a unha fotografía de Amadita.

 - Arre demo.
 
- Elas estaban convencidas de que era unha santa. Foise creando arredor dela un mito, e a xente dicía que o único que fixera fora bordar unha bandeira. E resulta que non bordou tal bandeira, porque non sabía bordar. A outra versión que se crea é a de heroína que mesmo arenga ao pelotón de fusilamento, que tamén é mentira. Eu intentei dilucidar o que había de verdade e de fantasía. E para iso tiña que presentar o marco no que ela se movía.

 En Ferrol, ten en conta, que había unha agrupación de mulleres socialistas, e só había dúas en España. Ou que unha das mulleres que mataron era a presidenta do sindicato de descargadoras do peirao. E en Mugardos había un centro republicano, un ateneo libertario con moitísimas actividades, e unha Irmandade Nazonalista de Franza (O Seixo), que tiña vintetantos afiliados.

 E o potentisimo movemento sindical arredor dos asteleiros. Todos estes elementos conflúen en que a república, sobre todo entre a xente máis nova, fora acollida como un tempo de esperanza, como di Dieste. E Amada é unha muller normal, casada cun traballador moi concienciado, filla dun anticlerical, e medra nese ambiente.

E a partir do 34 empeza a aparecer publicamente desde compoñendo coplas de Entroido en contra da dereita, está afiliada á Asociación de Mujeres contra la Guerra y el Fascio, e a Mugardos chegaba un mensuario feminista da CNT chamado Mujeres libres. Pero fóra do dereito de voto, as mulleres conseguiran pouco: só había unha directora xeral e eu dei só con 18 concelleiras en Galiza nada máis.

 Amada acompañando no escenario do Jofre á Pasionaria nun mitin o 2 de xaneiro do 36, até despois protagonizando 3 mítins máis. E falei con xente que asistiu a estes mítins que destacan a súa forza, dicindo que era moi pequeniña pero enchía o palco ela soa. E formaba parte da candidatura das eleccións municipais que non chegou a haber en maio do 36. Aparece na prensa que formaba parte dunha candidatura no posto terceiro ou cuarto.

- E como remata a historia?
 
- Hai un capítulo, utilizando unha frase de Castelao, que se chama ‘Valía máis Ferrol que todo Asturias’, o que significa que o potencial militar que había en Ferrol era moi grande. E é o único lugar onde lle custou máis gañar, non en tempo pero si en dureza, tomar o poder militarmente.

Houbo máis mortos neses primeiros días e onde empezan as execucións rapidamente e onde o número porcentual e relativo de mortos é o máis elevado de toda Galiza. Dunhas cinco mil e pico persoas asasinadas, en Ferrol chegamos ás 1.500. E de 86 mulleres, 27 foron na área de Ferrol.

- Como foi o seu caso?
 
- Amada de entrada vai de arresto domiciliario en Mugardos, coma moita outra xente, córtanlle o pelo ao cero, é sometida a traballos forzosos até que en abril do 37 préndena, ao marido tamén, pero el sae pronto. Entra no cárcere de mulleres, está embarazada e ten o neno en outubro.

É levada a un consello de guerra con outras sesenta e tantas persoas o 1 e 2 de decembro e condéana a morte o 24. Finalmente a clemencia do caudillo leva a que lle conmuten a condena a 16, e a ela non, e é imputada o 17 de xaneiro do 38.

- Que pasa co neno?
 
- Ela ten o neno estando presa. Esa versión de pobre muller mesmo chegou a dicir que agardaron a que tivera o neno pola política natalista do franquismo. Finalmente o día 26 de xaneiro hai un garda civil piadoso que avisa á familia, ela era de orixe moi humilde, filla dun mariñeiro e dunha redeira. Cruzan até San Felipe a remo, vai o pai, o marido e unha irmá.

Déixana estar con ela un pouco e cando volven a Mugardos escoitan os estouridos. E aí hai máis mitos: “pobriña que se desmayó antes de que los soldados disparasen y los soldados no querían hacerlo”. O outro mito é todo o contrario: “soldados, no os preocupéis, disparad sin miedo, etc. etc.”

E tiven a sorte de poder recoller información dun soldado que non disparou, estaba na reserva, e do médico militarizado. É verdade que na primeira descarga déronlle aos outros e a ela lixeiramente nunha perna, e o tenente mandou outra descarga e rematárona.

 E isto crea unha lenda enorme, creouse tamén unha similación co mito de Mariana Pineda, que tampouco bordara ningunha bandeira. Nos decretos iniciais que fixo a República, un deles era declarara o día de Mariana Pineda nas escolas como heroína da liberdade. Entón o mito era coñecido.

- Hai un fillo que aínda vive, non?
 
- Non, morreu hai uns meses. O fillo é un home co que tiven unha grande amizade. Un fillo case póstumo. Empezou a traballar no arsenal e era tratado con moito respecto porque era o fillo de Amada.

E ten unha filla maior, que é monxa, ten noventa e tantos anos. O marido dela, Gabriel Toimil, deixalle á súa familia á nena, que tiña 7 anos, e o neno déixallo aos avós maternos, que abandonan Mugardos e se establecen en Ferrol.

O pai desentendeuse dos nenos, aínda que lles enviaba algún diñeiro. A este home trasladárono ao arsenal de Cartaxena e chegou ao máximo na súa categoría. Volveu a finais dos 90, eu falei con el. Acabou co fillo coma o rosario da aurora e finalmente foise a un centro da terceira idade de Bergondo. Cando xurdía o tema do fillo poñíase nerviosísimo.

- Supoño que nos arquivos consultados tes visto de todo respecto da represión e de como esta influiu na vida da xente. 
 
- Nas vilas a venganza dos sectores tradicionalmente no poder, a vinganza cara os de abaixo foi tremenda. Curiosamente non sucedeu así nas aldeas. Eu comprobei como no Seixo (Mugardos) ou en Cervás (en Ares), a xente de dereitas protexía aos propios. Había xente que cambiaban as declaracións cando sabían as represalias que lle caían á xente.

E noutros casos, ao contrario. Hai un problema de clasismo e de sexismo. Mulleres que din “pero esta chica qué se creía, la hija de un pescador y de Petronila iba a ser concejala, pero por dios”. No caso das declaracións dos homes, consciente ou inconscientemente, hai sexismo.

- Por que foi o seu caso tan simbólico? Polas circunstancias, por estar embarazada?
 
- Claro. Porque foi tardío, non foi asasinada nos primeiros meses. Foi o 27 de xaneiro do 38. O 50% dos mortos foron nos primeiros meses despois do alzamento. Un 30% no 37 e logo diminuiu moito nos anos seguintes. Con ela mataron outros 7, entre eles ían matar a outra muller, Elena Leira. Pero a súa familia conseguiu mercar o tribunal de apelación e 10 anos despois estaba na casa. As dúas foran sometidas a cortes de pelo, a traballos forzados, a humillacións públicas.

- Rematara o curto periodo de tempo de liberdade para as mulleres.
 
- Si, xa o dicía un falanxista: “unas fueron pasadas por las armas y otras fueron obligadas a fregar suelos otra vez”. Eu insisto moito en que aquí non houbo guerra, houbo unha matanza contra os defensores da orde lexítima.

 E en lugares como Ferrol, se pensas que só nun buque de guerra se cargaron a 100 xa che saen unhas cifras descomunais. O 24 xa se producen as primeiras execucións irregulares en Pontedeume. Un deles, o alcalde de Mugardos. E logo desencadéase unha auténtica matanza.
- Como definirías a figura de Amada García?
 
- Ela foi unha vítima máis, que chega á categoría de mito polo especial dramatismo das circunstancias: unha nai que deixa dous orfos. Hai un momento nos anos 40, imitando os heroes soviéticos que con 11 anos mataron centos de nazis, aquí fanlle o mesmo a Amada, mitificándoa como heroe comunista. Había que inventar heroes, entón Amada caeu nesa categoría.

 Ten unha traxectoria social e política valiosísima. Falamos dunha muller que forma parte dunha xeración que nos cinco anos de República se afixeran a unha cultura democrática e a exercer a liberdade, e a ter actitude pública de compromiso social. Era a capa que tiña a misión de dirixir politicamente o noso país. E que foi decapitada, nunca mellor dito."             (Entrevista a Bernardo Máiz, R. Castro, Sermops Galiza, 06/01/17)


"La asociación Memoria Histórica y el Concello ferrolano recordaron en el castillo de San Felipe, con una ofrenda floral, la figura de la mugardesa Amada García, fusilada el 27 de enero del año 1938 en la fortificación, poco tiempo después de haber dado a luz. Su figura sirve de símbolo de todas las víctimas y represaliados de la comarca.

Durante el acto, el alcalde de Ferrol, Jorge Suárez reclamó “a necesidade da recuperación da memoria histórica e poñer en valor o Castelo de San Felipe como lugar emblemático no que aconteceron uns sucesos que xamais deberían de acontecer”, en alusión a los fusilamientos acontecidos en este lugar tras el golpe militar de 1936.

Suárez presidió la ofrenda floral para recordar y honrar a Amada García y apuntó  que “a nosa intención é continuar ano a ano recordando a figura de Amada, pedindo a colaboración da familia e compartindo a súa dor” .

Además del regidor ferrolano también se dieron cita en el castillo de propiedad municipal concejales de la corporación local, así como familiares de la homenajeada, entre los que se encontraba su nieta, Amada García Toimil, y representantes de la Asociación Memoria Histórica. (...)

Amada García era vecina de Mugardos, pertenecía al Partido Comunista, y fue detenida estando embarazada, lo que motivó que el consejo de guerra aplazara la aplicación de la sentencia de muerte hasta el nacimiento de su hijo Gabriel. Fue fusilada entonces contra la tapia del castillo ferrolano. (...)"              (Diario de Ferrol, 28/01/17)

No hay comentarios: