Juan Lago, á esquerda con gorra,no campo de concentración de Ebensee
"Juan Lago, veciño de Paredes, sobreviviu á fame e ao frío e á intemperie dos campos de
refuxiados en que os franceses recluíron os loitadores pola liberdade. Levaba
con el, prendido na pel, o instinto de supervivencia. Amaba a vida e a
liberdade e a xustiza e non ía renunciar, non ía deixar de loitar.
Por iso, para sobrevivir e para loitar, acabou enrolándose
como tenente no exército francés. Para el era a maneira natural de proseguir a
batalla contra o fascismo que iniciara nas trincheiras do Ebro.
Trasladado á
fronte de guerra no norte de Francia, foi feito prisioneiro polos alemáns e
conducido ao campo de concentración de Mauthausen, onde estivo preso entre
decembro de 1940 e maio de 1945. Para sobrevivir naquel inferno declarou que
era perruqueiro e mudou a súa identidade pola dun compañeiro morto, o cubano
Alberto Sánchez Martínez.
A finais do ano 1943 foi trasladado a
Ebensee, un kommando ou campo
satélite de Mauthausen no que viviu dous anos de extrema dureza e viu morrer a
centos de compañeiros. Entre novembro de 1943 e maio de 1945 morreron 8.745
persoas a consecuencia da fame, do frío, da tortura e dos durísimos traballos
de construción de túneis para a fabricación de armamento militar.
Coa liberación do campo en maio de 1945, Juan Lago foi atendido pola Cruz Vermella (pesaba 37 quilos) e trasladado a París, onde se aloxou no Hotel Lutetia. Máis tarde foi trasladado a un cuartel do exército francés, convertido en fogar de convalecencia, o Fort de Champigny, preto de París.
Fronte ao cuartel vivía un emigrante de Murcia que se chamaba Andrés Campos, casado coa alsaciana Marthe Frieda Schmidt. De ideas anarquistas, Campos comezou a confraternizar cos españois e invitounos a comer.

Alí contaban
historias terríbeis, relatos incríbeis do horror e da senrazón, da derrota da
humanidade en que se converteran os campos de concentración nazis.
Para afastar os fantasmas, para axotar o medo e o insomnio, Campos tocaba a guitarra e cantaba cancións españolas. E discutía sobre política en noites interminábeis con aqueles mozos de ideas comunistas.

Creou así unha casa refuxio, un novo fogar
cálido e protector para aqueles sobreviventes, para aqueles combatentes, para
aqueles heroes exhaustos e cheos de coraxe. Rebosantes de paixón e de arelas de
vivir unha nova vida.
E foi así como a súa filla Germaine, á que os españois chamaban Carmen, se namorou daquel mozo de Paredes. Visitábao no cuartel e ensináballe a falar francés. E Juan aprendíalle o castelán que o seu pai non lle transmitira.

E Germaine axudouno a
preparar os exames de mecánica e conseguiu un emprego nunha fábrica e casaron
en 1948 e foron vivir a Puteax, moi preto de París. E Juan Lago escribiu unha
canción na que conta a súa historia de amor. E en agosto de 1950 naceu unha
nena á que chamaron Vivianne. E viviron tempos de felicidade e alegría.
Mais Juan Lago sentía
saudade da súa terra, da súa familia. Nin sequera puido enviar noticias ao seu
irmán Ramón porque tiña medo de que sufrise represalias. E cando pasaron dez
anos sen novas del, en Vilaboa celebraron unha misa na súa memoria.
Daquela, Juan escribiu
unha carta con nome falso, mais con detalles e lembranzas que só el podía
coñecer. Foi así como Ramón primeiro e todo Paredes e Vilaboa despois, souberon
que Juan sobrevivira á guerra, e que casara e que vivía feliz en Francia.
E nos
anos 60 Ramón fixo a viaxe en tren até a estación de Austerlitz e alí estaba
agardando o seu irmán ao que non vía desde facía máis de vintecinco anos. E
déronse un abrazo interminábel, cheo de emoción e de bágoas e de felicidade.
Tempo despois Juan Lago
voltou a Galiza, a Paredes, ao Souto. E cada mes de agosto voltaba a compartir
días de festa e lembranzas e alegría coa súa familia. E cando morreu, quixo voltar definitivamente á casa, á terra,
á orixe. As súas cinzas non repousan no
cemiterio de Vilaboa, foron depositadas polo seu irmán Ramón no cemiterio de
Cedeira, en Redondela, no panteón familiar. " (Non des o esquecemento, 27/11/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario