29/6/16

O crego dáballes unha carta pechada aos que lle pedían antecedentes. Eles non sabían o que dicía a carta. Era para que lles arreasen

"Non quedaban na retórica, a guerrilla contraatacaba pondo en marcha accións exemplarizantes de castigo.

-Un día apareceu o Piloto e díxome, ten que facer erguerse ao cura, que temos que falar con el. Fomos. Toqueille á porta e saíu. E despois díxome a min, vai con este polo lugar. Fomos.

 Recrutamos non sei cantos homes.  Colleron a palla, como lles mandou o Piloto, metérona nas cortes e plantoulle lume á reitoral de Sindrán, porque viñeran xa en dúas ocasións e meu tío non lles quixera dar os cartos que lle pedían. O crego era Félix Casanova.

Outro veciño afirma:

-O crego non obraba ben. Dáballes unha carta pechada aos que lle pedían antecedentes. Eles non sabían o que dicía a carta. Era para que lles arreasen.

Os Estatutos do Exército Guerrilleiro e as distintas normas ditadas deixaban claro que a guerrilla non podía "nin blasfemar, nin arremeter contra relixión nin lugares sagrados, nin contra os membros da igrexa sen causa xustificada, pois iso nin é correcto en esencia nin nos fará ganar o pobo".  


(Afonso  Eiré:  O Piloto.  O último guerrilleiro. Ed. Hércules de Ediciones, A Coruña, 2015; p. 82)

No hay comentarios: