Emilia Carril, A Lamboira. Foi rapada polos fascistas
"Elas tamén foron asasinadas, represaliadas mais tamén resisitiron e
combateron o fascismo. Consuelo Acuña (fusilada), Elvira Lodeiro
(fusilada), Custodia Gama (represaliada), Camila Pintos (represaliada),
Emma Mourón (apresada), Josefina Arruti (apresada).
Estes serán algúns
dos nomes que se escoiten esta sexta-feira no Teatro Principal de
Pontevedra na homenaxe institucional que o goberno local lle renderá ás
mulleres que sufriron a represión fascista mais tamén que combateron o
réxime, mais cuxos nomes caeron no esquecemento da historia.
O acto fai parte da programación enmarcada no proxecto A memoria das mulleres, e
con el queren resgatar case un cento de nomes de "asasinadas, rapadas,
encarceradas, depuradas, aldraxadas" e aquelas mulleres que foron
"sinaladas polo seu compromiso político ou polo parentesco".
Coa súa
leitura pública a corporación municipal visa representar "a emoción e o
orgullo que sentimos polas súas vidas xenerosas". (Sermos Galiza)
No hay comentarios:
Publicar un comentario