21/4/10

'Foi asasinado despois de rexeitar liderar os novos sindicatos falanxistas'

(traductor gallego-español)

"Mariquiña reside na Coruña. Aínda lembra a historia que a súa nai lle contaba, de cando José, tras abandonar a CNT, rexentaba un quiosco na praza de Santa Lucía, fronte a sede de Falange, e atendía as dúbidas que os falanxistas lle presentaban. “El axudáballe cos escritos e coas consultas que lle facían, sen ter en conta a súa ideoloxía. Era un home marabilloso. Dicía que ante todo había que axudar ás persoas á marxe das ideas”, di a filla, que o recorda “como un orador nato que transmitía todo con sinxeleza”.

osé Villaverde (Santiago, 1894), carpinteiro de profesión, comezou moi novo na militancia anarquista. Desenrolou unha intensa actividade sindical en Vigo, primeiro, e despois na Coruña, onde se trasladou despois de ser nomeado director do semanal Solidaridad Obrera. Dirixiu tamén o voceiro ¡Despertad!, consolidou a CNT en Vigo e participou na creación da Federación Regional Marítima. Foi detido tras o golpe militar e foi asasinado despois de rexeitar liderar os novos sindicatos falanxistas." (Xornal.com, 21/04/2010)

No hay comentarios: