3/3/08

¿Como contar las atrocidades?

(traductor gallego-español)

“P. Como se axusta unha historia con tantas fontes? (…)

R. A min uns paisanos contáronme a chegada dun guerrilleiro morto enriba dun carro de leña, e o seu nome. Cando eu o someto ao proceso histórico, con Ramón Máiz á cabeza, doume conta de que é outro guerrilleiro. Tamén se me desmontou o estoupido da polvoreira de Ferrol, cando a xente cría que era a invasión aliada que estaban esperando, e tiven que desfacer outro capítulo. É un proceso penoso, pero os que non queremos escribir novela histórica, de reinterpretación da Historia, senón novela adaptada a ela, temos que axustarnos a iso ou facemos o ridículo. Díxenlles que, de reproducir o seu relato, ían saír nomes. Eu crieime entre esta xente, cheguei a identificar familias de asasinos, así que concluímos facer ficción, aínda que quixeron manter con nome e apelidos ao Padre Rubinos, un perseguidor sistemático. E claro, tampouco se poden negar personaxes como Franco ou Fraga.

P. Autocensurouse?

R. Un dos vellos que me contaron a historia paroume na praza de Pontedeume, indo eu coa miña neta, e púxoseme a berrar: "Non o contaches todo, non o contaches todo!". Pero non se pode contar tanto cura fusilador e empreñador de rapazas, tantas persoas martirizadas antes de morrer. Por pudor e por evitar que alguén poida pensar que hai regusto no relato da brutalidade.” (XAVIER ALCALÁ: "Nin unha lexión de escritores daría contado a aventura da emigración". El País, ed. Galicia, Galicia, 29/02/2008, p. 11)

No hay comentarios: