"Voume levar ben con el [con Vladimir Putin]? Non teño nin idea. E é moi posíbel que non", dixo Donald Trump nunha entrevista este domingo en Fox News cando foi inquirido a respeito das súas relacións co presidente ruso.
O xornalista saltou entón como un resorte e
dixo: "Mais Putin é un asasino", unha declaración máis editorial [Fox
News é un dos meios máis conservadores dos EUA] do que informativa.
Trump repentizou moi no seu estilo con esta resposta: "Nós temos unha
chea de asasinos" e a seguir interpelou ao xornalista: "Ou pensa que
somos un país inocente?".
O Kremlin pediu formalmente desculpas a Fox News pola designación do
líder ruso como asasino -"Putin is a killer", foi a frase literal.
Durante a entrevista, Trump defendeu o seu discurso de que Washington
debe procurar a alianza con Moscova no combate contra o Daesh." (Sermos Galiza, 06/02/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario