"Tiñan ao pobo
atemorizado. O Jacinto, o Jaime, o tal Manuel, Juanito, Josesito... Todos eses
e outros máis eran da cuadrilla que tina atemorizado ao pobo. Se vían xente
xunta xa pensaban que andaban tramando algunha cousa e dispersábanos, mesmo ñas
tabernas, ao chegar a fin de semana ou ao rematar o xornal pola semana.
Non é
que houbese moito traballo pero os homes dedicábanse ao campo e ao atardecer
igual ían eos compañeiros tomar un vino, e eles, a cuadrilla esta, chegaban e
separábanos, non podían ver xente xunta que sempre pensaban que andaban
argallando algo e vena, cada un para a súa casa, pero dispersábanos ben, eh? a
base de leña.
Chegaban e aos que eran deles non lies pegaban pero aos outros
arreábanlle duro. Na vila dicían, "onte repartiron tapa no bar da
Nadora", e todo o mundo entendía. Foi tremendo o que pasou en Redondela
cando estoupou a guerra. Mataron a aquel médico. Chamábanlle o médico dos
pobres: don Telmo Bernárdez. (...)
E á familia de dona Ernestina Otero, que
estaba de profesora en Pontevedra? A eles fóronlles á casa non sei cantas veces
a cuadrilla esa dos falanxistas. Había un que era o máis rastrero de todos, un
deses que vestían a camisa azul e que pensaban que por vestir a camisa azul xa
podían facer o que lies viñese en gana... pois ese e outros máis foron á botica
de don Luís Pereira, o home de dona Ernestina, e porque se negou a darlles a
alianza de ouro para a causa, subírono ao Casino e déronlle unha martelada no
dedo que llo esmagaron.
Logo, un día que ían os dous de paseo rodeáronos de
repente coas súas camisas azuis e as correaxes no peito... ¡¡¡Arriba España,
don Luís!!! ¡¡¡Arriba España, joder!!! Que non os deixaban pasar...
Colleu el e
nin arriba España nin hostias. Subiu un pouco o sombreiro e educado como era:
"Boas tardes, señores"... Non dixo máis pero deixárono pasar coa
muller do brazo. (...)"
(Montse Fajardo:
Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu. Ed.
Consorcio Editorial Galego, 2015, p. 99/101)
No hay comentarios:
Publicar un comentario