"(...) Josefa Vázquez tivo once fillos. O maior, Edelmiro Dios Vázquez, era en
1936 dirixente do Partido Socialista en Pontevedra. Os falanxistas e a
Garda Civil fórono buscar á casa mais el xa non estaba alí. Agochouse
primeiro en Paredes, na casa da familia do seu amigo Faustino García
Puga.
Despois trasladáronse a San Adrián dos Cobres e alí foron
descubertos por unha confidencia. Leváronos ao cuartel da Garda Civil no
Campo da Feira, mallaron neles, torturáronos salvaxemente até a agonía.
A Faustino librárono da morte as influencias da familia, e sobreviviu
ao horror daquel tempo infame e acabou embarcando no Winnipeg rumbo a
Chile no verán de 1939 http://nondesaesquecemento.blogspot.com.es/2015/04/para-un-mapa-de-ausencias.html
A
Edelmiro Dios, o fillo maior de Josefa Vázquez, os matarifes de Víctor
Lis asasinárono e mutilárono salvaxemente. Seica o obrigaron a cavar a
propia tumba e enterrárono no cemiterio de Bora http://anosdomedo.blogspot.com.es/2008/09/edelmiro-dios-vzquez.html
A súa nai non tivo forzas para ir visitalo na cadea.
Non soubo tampouco
que o ían matar aquel día, cando avisaron á familia de que o ían levar
esa noite e a súa filla Fina lle levou a comida encargada no restaurante
Calixto. Cando saiu do cuartel, Fina non puido conter a dor e as
bágoas, porque sabía que era a última vez que vería vivo ao seu irmán
torturado.
Mais nin sequera despois daquel crime os asasinos
deixaron en paz a familia Dios. Seguiron petando nas portas da casa
polas noites, saquearon a biblioteca e matáronlle o can, Leal,
atravesándolle o cranio con unha baioneta.
As irmás de Edelmiro, Fina e
Tucha Dios, que estudaran a carreira de Maxisterio, foron apartadas da
docencia, rapadas e encarceradas na prisión provincial durante dos
meses. E o seu pai Antonio Dios Gómez estivo preso durante cinco meses.(...)
No tempo de prisión do pai e das irmás, Nita tiña 18 anos e
axudoulle á nai a sobrelevar a dor, e os traballos da casa, e o baleiro
das ausencias. Ela era a encargada de lavar a roupa que traían do
cárcere, primeiro fervíaa en auga quente para matar as pulgas e piollos e
despois íaa lavar ao río dos Gafos, que estaba ao pé da finca familiar,
no barrio do Pino. E aínda cando estaba lavando ou voltaba á casa tiña
que aturar os insultos dos falanxistas e dos cívicos.
E non abondou con esta tortura. Durante moito tempo seguiu o
acoso, a persecución, a ameazas, a prohibición da dor, o silencio. (...)" (Non des a esquecemento, 06/12/2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario