1/5/10

Ese saber escribir debeu ser a súa condena...

(traductor gallego-español)

"Era o lugar da casa do meu avó materno, Manuel. Non coñecíamos á avoa, Josefa. Morrera nova por unha doenza e deixara dez fillos. Dous meniños faleceron nos tempos de penuria da posguerra. Antes, cando foi o golpe do 36, unha partida fascista apareceu na noite e arrincou ao meu avó da casa para "pasealo". Era republicano. E cristián. E era secretario da Mutua de Labradores e Gandeiros.

Ese saber escribir debeu ser a súa condena. Contan que até no monte sentaba e púñase a ler ou escribir. Perdía a noción da hora. E tivo sorte de que a morte tamén. Porque se salvou in extremis. Salvouno o berro dun cura a quen a conciencia levou alí, ao lugar do crime, montado en cabalo." (MANUEL RIVAS: A escaleira dos nenos clandestinos. El País, ed. Galicia, Galicia, 30/04/2010, p. 12)

No hay comentarios: