17/2/10

Paramilitares colombianos admiten que mataron máis de 30 mil persoas

(traductor gallego-español)

"Luis González León, xefe da Unidad Nacional de Justicia y Paz da Fiscalía informou este martes que uns 4.112 ex membros do grupo paramilitar Autodefensas Unidas de Colombia aseguraron asasinar a 30.470 persoas en 20 anos, desde a década de 1980 até a súa desmobilización en 2003.

Porén, a Fiscalía estima que esa cifra podería ascender a 120 mil. O cálculo baséase na cifra de paramilitares desmobilizados que até o de agora confesaron crimes: case 1.900. Aínda falta por cuantificar os homicidios que confesen outros 2.600. Ademais, xa se presentaron casos en que un só desmobilizado recoñece a súa responsabilidade en máis dun milleiro de vítimas.

González León revelou tamén que se contan 1.085 masacres confesados, 2.520 casos de desaparición forzada e 1.033 secuestros. As confesións permitiron atopar 2.388 fosas cun total de 2.901 cadáveres. Só uns 750 puideron ser identificados e entregados ás súas familias.

Aproximadamente 32 mil paramilitares deixaron as armas dentro da chamada lei de Justicia y Paz, entre os anos 2003 e 2006. Con todo, varios organismos de dereitos humanos advirten que unha cifra indeterminada de mandos medios continúan asasinando ao servizo do narcotráfico." (Vieiros, 17/02/2010)

No hay comentarios: