18/6/08

La O.N.U. juzgada por no impedir la masacre en Srebrenica

“A ONU e Holanda, a xuízo polo xenocidio de 1995 en Srebrenica.

Comezou na Haia unha audiencia para determinar a responsabilidade dos cascos azuis holandeses na matanza de oito mil musulmáns en Bosnia.

O xulgado de primeira instancia da Haia tramita esta semana tres casos interpostos contra o Estado holandés por familiares de vítimas do xenocidio na cidade de Srebrenica (Bosnia) en 1995.

A matanza de máis de oito mil bosnios musulmáns varóns, homes e cativos, en Srebrenica, que ocorreu no contexto da guerra de Bosnia (1992-1995) cando o enclave era protexido por cascos azuis holandeses, está considerada como o maior masacre en Europa dende a Segunda Guerra Mundial.

Esta cuarta feira, os xuíces analizan se Nacións Unidas goza de inmunidade ou non ante unha demanda xudicial, neste caso a presentada por unhas seis mil 'Nais de Srebrenica', que en xuño de 2007 denunciaron tanto o Estado holandés como a ONU por non protexer os seus fillos do ataque serbobosnio.” (Vieiros, 18/06/2008)

No hay comentarios: