"Xosé Novas Piñeiro (Bueu,1952) leva moitos ano loitando pola recuperación da memoria democrática. Autor de diferentes traballos sobre a represión en Bueu, achéganos agora en Os nomes do terror unha investigación sobre os vitimarios nese concello.
¿A dinámica política do etapa republicana remata condicionando o proceso represivo após o golpe militar de 18 de xullo de 1936, como caracteriza a incidencia das diversas correntes políticas e ideolóxicas e a dialéctica política nese período e Bueu?
As forzas do Fronte Popular estaban integradas en Bueu por dous compoñentes, a principal o Partido Galeguista xunto co Partido Socialista e Xuventudes Socialistas Unificadas, tamén existía un compoñente menor do Partido Comunista.
De esa correlación de forzas sae a alcaldía para o galeguista Johan Carballeira e o socialista Francisco Piñeiro como tenente alcalde.
Un forte movemento sindical formado por "El Adelanto Marinero" no mar con 800 afiliados e diversas federacións na industria. e finalmente o movemento asociativo onde destacaba claramente "El Progreso de Beluso".
A maioría destes dirixentes foron asasinados outros sufriron prisión longos anos entre os primeiros o alcalde Carballeira o tendente alcalde Francisco Piñeiro, os concelleiros Francisco Escáneo , Francisco García Villanueva e José de la Torre López ou os dirixentes sindicais Manuel Graña Pouseu, Francisco Aldao, Eugenio Dios. Entre os condenados a cadea perpetua que pasaron longos anos na cadea Manuel López Cortizo, Manuel Ríos Pérez. Francisco Padin Novas, José Bernardez Santaclara. Tamén foron asasinados o tesoureiro municipal e galeguista Ricardo Gómez Buceta e e os dirixentes da asociación "El Progreso de Beluso" Jacinto Lamosa e José Seijas.
¿Repara no seu traballo nos principais episodios represivos vividos en Bueu tras o trunfo dos franquistas, cos datos que posuímos que nos pode dicir sobre a carácter da represión en Bueu e o seu alcance?
Producido o golpe militar, o día 19 de xullo iníciase a requisa de
armas e sospeitosos de apoialo, baixo o mando do tenente de alcalde
Piñeiro varios integrantes das xuventudes unificadas recóllense as
primeiras armas, no día 20 baixo a dirección do alcalde Carballeira
funcionarios municipais continúan con este recollida.
O día 20 lévase a cabo unha grande mobilización cara a Pontevedra, iniciase pola mañán con camións que recollen a mariñeiros no peirao cando atracan os barcos e continúan até media tarde en que foi interceptado un dos vehículos en Marín por forzas do Campo de Tiro Jaime Janer adheridas ao golpe.
A participación o día 20 nos actos de defensa da democracia foi o motivo da represión que sufriron os seus protagonistas, sendo elemento fundamental a participación no intento de voadura da ponte entre Bueu e Marin para impedir a entrada das forzas de Jaime Janer
O plan represivo liderado por José María Massó levou a cabo a eliminación física dos principais dirixentes políticos, sindicais e asociativos xunto coa implantación dun estado de terror coa persecución dos seus familiares e simpatizantes.
Sinala o seu artigo que o empresario José María Massó García liderou o aparello represivo en Bueu, que destacaría do seu papel como elemento chave no conglomerado do terror?
Nada se fixo en Bueu sen a orden de José María Massó no seu plan implacábel de represión. Para acreditalo quedou un documente elaborado pola viúva de Ricardo Gómez Buceta no seu exilio americano. Tamén a súa manobra para cesar ó primeiro alcalde golpista Camilo Davila por non seguir as súas ordes a súa substitución por un home de palla como Perfecto García Lemos, referendado en documentos conservados no arquivo municipal.
Xunto a José María Massó formaban o grupo dirixente da represión o xefe de Falanxe Antonio Cerviño Martínez, o sarxento da Guardia Civil, José Sanz de Lama e o executor, José Collazo Iglesias.Rematada a súa faena represiva no ano 1939 sitúase de alcalde nun mandato que duraría ata finais do anos 60.
A actitude de José María Massó contrastou coa do seu irmán Gaspar, que mesmo testemuñou a favor dalgúns executados como o alcalde nacionalista e escritor Johan Carballeira, que implicacións tivo iso para Gaspar?
Gaspar sufriu o desprazamento do seu papel de liderado na empresa "Massó Hnos" a un papel secundario polas súas simpatías polo galeguismo e mesmo a declaración en favor de Carballeira no consello de guerra No franquismo continuaría sendo amigo de Valentín Paz Andrade entre outros galeguistas.
Pasando agora a esfera militar dos vitimarios e entrando concretamente no caso da Guarda Civil, cal foi a súa actuación en Bueu durante o proceso represivo?
Cando se produce o golpe militar os membros da Guarda Civil que
estaban en Bueu repréganse a Cangas, volven un mes mais tarde iniciando
xunto cos gardas cívicos o proceso represivo.Participaron en tódalas
detencións e controlaron o calabozo municipal por donde fixeron pasar a
mais de 40 veciños camiño de San Simón ou dun paseo nocturno." (Entrevista a Xosé Novas, Nós, 21/12/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario