Familia Zbarsky
"A interminábel noite do terror xenocida ten en Pontevedra nomes escuros,
viles, de abominábeis asasinos de boa reputación. Ten tamén nomes
claros, luminosos, eternos, nomes e vidas que nos acompañan para sempre.
Coma as de Abraham e Jacobo Zbarsky, pai e fillo, xudeos de orixe rusa,
que se estableceron en Galiza a comezos do século XX, dedicados á
medicina e á odontoloxía.
E dedicados tamén ao ben común, á causa do
progreso e da liberdade, á loita política nas fileiras do comunismo e do
socialismo.
Jacobo Zbarky, de 22 anos, foi dos primeiros que se presentou no goberno
civil para defender a legalidade republicana. Ía vestido co uniforme de
brigada de complemento e pola súa determinación e coraxe asumiu a
dirección da resistencia das milicias populares contra o golpe. Detido o
20 de xullo, foi procesado, condenado a morte e fusilado no cuartel de
Campolongo o 10 de agosto de 1936.
A súa última carta, escrita tres horas antes de morrer, é un documento verdadeiramente estremecedor:
A súa última carta, escrita tres horas antes de morrer, é un documento verdadeiramente estremecedor:
"Pontevedra, 9 de agosto de 1936.
Queridos míos:
Querida madre, perdóname este último gran disgusto que te doy. Dentro de
3 horas moriré, tú bien sabes cuanto te quiero, sin embargo no he
querido ver a ninguno de vosotros por última vez, porque si así lo
hiciera no tendría el valor de afrontar mi suerte.
Mis últimos pensamientos serán en todos vosotros, sobre todo en ti,
madre mía. Estoy tranquilo, creo que esta tranquilidad me acompañará
hasta el último momento. Piensa, madre mía, que si pierdes un hijo, por
ningún ideal más justo.
Yo puedo sacrificar mi vida, te queda otro hijo y mucha más familia que harán todo lo posible por consolarte.
Os beso y abrazo a todos queridos, sobre todo a ti, madre.Tu hijo, que siempre te ha querido y te querrá mientras viva". (Caeiro, Antonio e outros. Aillados. Vigo: Ir Indo.1995)
A nai de Jacobo Zbarsky non aparece nos libros de historia, non figura
nas actas do terror, no dietario do medo. A nai de Jacobo Zbarsky, Sofía
Kuper, perdeuse na néboa do tempo, soa, coa súa dor interminábel de
nai, de viúva, de desterrada, de morta en vida nunha agonía sen fin.
Despois da morte do fillo, viviu a prisión e a asasinato do marido, o odontólogo Abraham Zbarsky, sacado na madrugada do 29 de decembro do Lazareto de San Simón e asasinado vilmente en Marcón cando tiña 54 anos.

Sofía Kuper, derrotada pola dor e o desprezo, aínda tivo que sofrer o
expolio dos bens familiares, as multas, as ameazas, os insultos...
Talvez tamén foi moitas veces ao cárcere de Vigo a levarlle roupa e
comida e amor ao seu irmán, Simeon Kuper Horstein, á súa irmá Elisa
Kuper Horstein, e ao seu fillo, Elías Zbarsky Kuper, detidos e
procesados polos fascistas.
Non sabemos máis de Sofía Kuper, e este silencio da Historia, este esquecemento, é tamén unha acusación, a denuncia definitiva dos crimes, de todos os crimes e dos seus executores.
E máis alá do silencio, é a chamada incesante da memoria de todas as silenciadas, a memoria imparábel de Sofía Kuper Hornstein, un nome luminoso que se ergue entre a néboa do tempo e que xa nos acompaña para sempre." (Non des o esquecemento, 28/08/14)

No hay comentarios:
Publicar un comentario