23/2/16

A miña nai era irmá do Elías e, por selo, levárona presa coa súa irma, forzadas a sacar área nun río, a cestos. A miña tía estaba encinta e alí deu a luz

"Para os seus veciños, o Pepiño fíxose guerrilleiro á forza. Era boa persoa, non lle facía mal a ninguén pero, como querían dételo, segundo eles, por non querer ir de novo ao servizo, pois escapou e, logo, veu o que veu.

O que veu, segundo os de Boelle que aínda poden lembrar, é que a Garda Civil comezou a molestar todos os días aos seus país, preguntándolles onde estaba o Piloto. A presión foi aumentando, segundo ía pasando o tempo e as accións do Piloto se ían coñecendo, integrado xa no grupo de o Curuxás. (...)


Na zona de Sobrado campaba coas súas ameazas e represión indiscriminada e asañada o sarxento Várela. O Piloto, cando se achegaba pola zona, tiña a teima de aparecer para xogar con él a partida, unhas veces como crego, outras como tratante, outras como tenente, deixáballe unha nota debaixo da culler do ca gañouche o Piloto.

Unha cousa eran as chanzas e outra que os seus pais seguían recibiilu0 cas diariamente as visitas dos gardas, como se tentasen devolverlle ao fuxido todas as que facía. Sobresaía nas represalias, Xosé, un cabo primeiro, ao que non lle chegaban os interrogatorios, senón que pasou as malleiras.

-A miña nai era irmá do Elías e, por selo, levárona presa. Teimaron en que dixese onde estaba. Pero nin ela nin ningún da familia o sabíamos. Logo da zurrarlle a badana no cuartel de Bóveda, trasladárona a Lugo. 

De Lugo para Asturias a ela e a súa irma, forzadas a sacar área nun río, a cestos, para as obras. A miña tía estaba encinta e alí deu a luz. Así as tiveron cerca dun ano. Até que nos movemos e volveu para a casa.

Xosé Castro Veiga tentou porfíes fin a aqueles abusos, a aquelas torturas e como facían noutras ocasións, ameazaron ao cabo con axustizalo se teimaba no seu encirre.

O cabo pediu o traslado para A Coruña, pero antes de marchar mallou ao xeito e vexou os caseiros de Boelle.

Xosé Castro Veiga foi na súa procura e matouno para vingar a afronta e como escarmento. Segundo os veciños, esta foi a súa perdición. Botouse a perder por defender os seus país.2


(Afonso  Eiré:  O Piloto.  O último guerrilleiro. Ed. Hércules de Ediciones, A Coruña, 2015; p. 57/8 )

No hay comentarios: